Hai cousas como a lúa que están tan lonxe, tan lonxe, que nunca se poderá chegar voando nin ver de preto. Ou iso pensaban os protagonistas de Bibopalula ata que o Señor Moucho lles dixo o contrario.
A Banda do Bosque está intrigada, pero dubidosa, pois parece que a lúa está demasiado lonxe. Ten que ser imposible poder verla de preto sen necesidade de voar ata ela.
Mentres tanto, Carpin ten outra preocupación: perdeu a súa pluma favorita, a que adornaba a porta da súa casa.
Atopará Carpin a súa pluma? Estará trabucado o Señor Moucho?
Non perdas un novo capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

