Os protagonistas de Bibopalula sempre teñen moi boas ideas: esta vez atoparon unha forma moi divertida de facer cancións.
A Banda do Bosque xa leva feito un milleiro de cancións, ou polo menos iso lles parece a eles. É por iso que Robin e Pegui están a buscar algo novo e diferente para cantar. Algo divertido.
De casualidade, mentres falaban, ocorréuselles unha idea. Algo que nunca fixeran: falar cantando ou cantar falando! Isto tíñano que compartir con Carpin e Merli.
É algo un pouco complicado de explicar, polo que tardan un anaco en comprendelo. E cando o comprenden aparece un novo problema: agora Pegui e Carpin discuten sobre quen dos dous é o inventor deste tipo de canción!
Será realmente a primeira vez que alguén canta falando?
Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal