Adiviña adiviñador

Abre as orellas e atende ás tres ideas para adiviñar de que se trata!

Abre as orellas e atende ás tres pistas para adiviñar.

A. Escoita a canción e adiviña de que personaxe de Bibopalula se trata

Pista: Construíu co seu peteiro os instrumentos musicais da Banda do Bosque. É moi bromista e encántalle facer surf na poza.

Resposta

Carpin

 

B. Escoita a canción e adiviña de que obxecto se trata

Pista: Son coma ventiladores xigantes que aproveitan a forza do vento para producir enerxía eléctrica.

Resposta

Muíños de vento ou eólicos

 

C. Escoita a canción e adiviña de que fenómeno da natureza se trata

Pista: É un fenómeno que non ocorre moito en Galicia pero é frecuente noutras partes do mundo, por exemplo no Caribe. Ás veces o vento sopra tan forte que bota abaixo as árbores e fai moito ruído.

Resposta

Furacán

 

 

 

Descarga a app de Bibopalula para ver máis xogos coma este!

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.