As delicias das silveiras

Pon o disfraz de chef de cociña e mans á obra con esta receita doce!

Cal é a froita favorita dos paxaros da Banda do Bosque? Escoita a canción “As delicias das silvieras” e saberalo.

Como prefiren comer as amoras Carpi, Pegui, Robin e Merli?

Aquí deixámosche unha receita sinxela para facer marmelada na casa:

Ingredientes:

  • 300-500 gr de amoras
  • zume de medio limón
  • 4-5 dátiles
  • 1-2 culleradas de sementes de chía

Preparación:

  1. Lava moi ben as amoras e aplástaas un pouco.
  2. Pide axuda a unha persoa adulta para quitar o óso aos dátiles e tritúraos no batedor.
  3. Pon as amoras, os dátiles e as sementes de chía nunha pota; engade o zume de limón. Pide axuda a unha persoa adulta para quentar a mestura a lume medio durante 20-30 minutos, removendo frecuentemente ata que espese.
  4. Cando a marmelada arrefríe, colócaa en frascos limpos e listo.

Podes poñer a marmelada nunha torrada para gozar dela nos teus almorzos e merendas.

 

 

Descarga a app de Bibopalula para ver máis xogos coma este!

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.