As delicias das silveiras

Os protagonistas de Bibopalula rematan empachados logo de comer unha morea de amoras.

Ao final do verán, cando os días comezan a recortarse un pouco, a  Banda do Bosque vive un momento moi especial. Chegan con moita ilusión, pero o que tanto desexan aínda non está listo. Pasaron uns días e, cando o bosque amenceu coa calor do sol, chegou o momento tan esperado… As amoras das silveiras estaban preparadas para ser devoradas.

A Banda do Bosque desfrutou moito das amoras, pero comeron tantas, tantísimas, que acabaron empachados. Foi entón cando Robin tivo unha gran idea para poder comer sen pasarse.

Que será esta nova idea? Poderán comer máis amoras?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.