Descarga a app de Bibopalula e non perdas nada!

A aplicación oficial da Banda do Bosque está dispoñible de maneira gratuita, e contén xogos e contidos para que a cativada continúe explorando o bosque desde o calquera lugar.

O universo de Bibopalula continúa a medrar! Agora, a aplicación oficial está dispoñible de forma totalmente gratuita para Android e iOS. Robin, Carpin, Pegui e Merli, xunto con Pombo e o Señor Moucho, traen novas sorpresas para que a cativada siga conectada co bosque desde calquera lugar.

A app ofrece acceso aos capítulos da serie e a todas as cancións da Banda do Bosque que pechan cada historia. Ademais, inclúe xogos interactivos nos que se pode adiviñar cancións ou personaxes, colorear, construír papaventos, experimentar e descubrir curiosidades sobre a natureza e a música, promovendo á vez aprendizaxe e diversión.

A navegación está organizada en seis seccións:

  • Portada: últimas novidades do bosque.

  • Mirar: todos os capítulos da serie.

  • Cantar: todas as cancións para gozar en familia.

  • Xogar: xogos interactivos que manteñen viva a maxia de Bibopalula.

  • Saber: curiosidades e segredos do bosque para aprender xogando.

  • Tenda: produtos oficiais para levar o universo de Bibopalula no día a día.

Esta novidade permite que a experiencia da Banda do Bosque continúe máis alá do escenario e da pantalla, ofrecendo contidos educativos e lúdicos para nenas e nenos de 2 a 6 anos. Descárgaa xa en Android e iOS!

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.