O papaventos

Gustaríache voar coma un paxaro? Se segues estas instrucións podes construír un xoguete para voar.


Os humanos non temos ás para voar, pero podemos construír obxectos que voen; como os avións, foguetes, globos aerostáticos e xoguetes como os papaventos. Segue estas instrucións para construír o teu.

Materiais:

  • 2 variñas de madeira (de 60 cm e 40 cm, ou similares)
  • Fío groso ou corda resistente
  • Papel de cores, bolsa de plástico grande ou tea lixeira
  • Tesoiras, regra e lapis
  • Fita adhesiva ou pegamento de barra
  • Tiras de papel ou plástico para a cola do papavento

Paso a paso: Coa axuda dunha persoa adulta:

    1. Prepara a estrutura:
      – Coloca as dúas variñas en forma de cruz: a máis longa en vertical e a máis curta en horizontal.
      – Une as variñas no centro con fío groso, facendo un nó en forma de X. Podes reforzar cun pouco de cinta adhesiva ou pegamento.
    2. Forma o marco:
      – Ata un fío arredor dos extremos das varillas, formando un contorno en forma de rombo (diamante). O fío debe quedar tenso, pero sen dobrar as variñas.
    3. Corta e fixa a vela:
      – Coloca a estrutura sobre o material elixido (papel, plástico ou tea).
      – Debuxa o contorno do marco deixando unha marxe de 2-3 cm arredor. Recorta a forma e dobra a marxe cara dentro, pegándoa sobre o fío do marco con pegamento ou fita adhesiva.
      – É recomendable reforzar as esquinas para evitar que se rompan facilmente.
    4. Fai a cola:
      – Corta tiras longas de papel ou plástico e úneas con nós para formar a cola.
      – Ata a cola na punta inferior do papaventos.
    5. Prepara o fío de voo:
      – Ata un fío resistente desde os extremos da variña horizontal, deixándoo un pouco frouxo.
      – No centro do fío anterior, ata un fío longo que servirá de carrete para voar o papaventos.
      – Este fío longo será o que suxeites para controlar o voo do papaventos. Podes enrolalo nun anaco de madeira para que non se enrede ao soltar e recoller.
    6. Decora:
      – Decora o papaventos ao teu gusto con debuxos, pegatinas ou recortes de cores.
    7. Consellos para o voo:
      – Escolle un día con vento suave e un espazo aberto como un parque, onde non haxa árbores, postes ou cables preto para que o papaventos non se enrede.
      – Colle o fío forte cunha man e pide axuda para que unha persoa adulta sosteña o papaventos en alto, apuntando cara ao vento.
      – Cando o vento sopre: deixando libre o papaventos, vai soltando o fío pouco a pouco. Podes correr devagar cara atrás para que o papaventos suba polo aire.
      – Se queres que o papaventos suba máis: solta un pouco de fío. Se queres que baixe, enrola o fío e recólleo un pouco.
      – Se o papavento cae: non te preocupes, inténtao de novo!

 

Descarga a app de Bibopalula para ver máis xogos coma este!

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.