O Pombo mensaxeiro perdeu unha postal

Axudar a un amigo é algo moi importante, pero saber escoitar tamén.

Pombo está a chorar no bosque. Os seus amigos da Banda do Bosque escóitano e van falar con el. Pombo está moi triste: volveu perder unha postal que tiña que entregar.

Unha cousa está clara: cando un amigo está triste, ten un problema ou perdeu algo, sempre hai que axudalo. Ou así debería ser. 

Cando Pombo, Merli, Carpin e Robin estaban na busca da postal, chegou Pegui alardeando da súa boa sorte. Pegui tentou en varias ocasións que lle fixeran caso, pero os demais estaban demasiado ocupados axudando a Pombo. Que será o que lles ten que dicir? Escoitar a unha amiga sempre é algo importante, non si?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.