Os pequenos artistas de Bibopalula: así debuxaron o final da aventura

Durante meses, as nenas e nenos que asistiron ao espectáculo de ‘Bibopalula’ recibiron un mapa do tesouro ao saír do teatro. Dentro dese xogo, unha proposta moi especial: imaxinar e debuxar como remataba a aventura da Banda do Bosque.

Durante varios meses, todas as nenas e nenos que asistiron ás funcións de Bibopalula · O Espectáculo recibiron ao saír do teatro un mapa do tesouro moi especial. Nel atopaban diferentes propostas de xogo: cancións, adhesivos, pequenas probas… e unha última misión creativa. Ese mapa era unha invitación a seguir xogando e a converterse en artistas.

Ao final da aventura, propoñía algo divertidísimo: debuxar como imaxinaban que continuaba a historia despois de que a Banda do Bosque atopase o tesouro.

Para enviar eses debuxos, o mapa incluía un código QR que levaba a un formulario oculto dentro da app de Bibopalula. Alí, as nenas e nenos podían compartir as súas ilustracións de Robin, Pegui, Merli, Carpin ou Ava, vistas desde a súa propia imaxinación.

Co paso das funcións foron chegando algúns destes debuxos: obras cheas de árbores, paxaros, instrumentos, luces e cancións. Cada unha distinta, e cada unha contando un final posible para aquela aventura no bosque.

Hoxe, eses debuxos forman parte dun pequeno recuncho secreto dentro da app (dispoñible para iOS e Android), un espazo no que as nenas e nenos poden verse tamén como creadores e sentir que forman parte do universo de Bibopalula.

E agora, ese recuncho queda aberto. Se tes a aplicación descargada, a través deste enlace pódese acceder directamente á sección onde enviar novos debuxos.

A Banda do Bosque estará encantadísima de recibir novas obras de arte para seguir imaxinando novas aventuras!

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.