Os protagonistas de Bibopalula quedaron sen o seu xoguete favorito

Carpin rachou o trampolín co que estaban a xogar. Moi probablemente non atopen outra póla tan perfecta.

No bosque hai días de todo tipo: uns tranquilos e outros cheos de emoción e risas. Este é un deses días inesquecibles para a Banda do Bosque.

Todo comeza cando os nosos amigos están a xogar nunha póla, brincando e divertíndose. Pero Carpin, que é un bruto, salta demasiado rápido. Aínda que todos lle avisan, non lles fai caso, e a póla acaba rachando. O resultado? Quedan sen trampolín, a póla perfecta para xogar. 

Que farán agora? Enfadaranse con Carpin? Poderán volver a xogar xuntos?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.