A nosa amiga Pegui é moi observadora e atopa obxectos no bosque. Se son cousas valiosas ou lle gustan moito, ás veces cústalle un pouco devolvelas. Che pasou algunha vez?
Si algo non é teu, telo que devolver!

Ás veces podemos atopar cousas que non son nosas, como un xoguete, unha moeda ou unha chaqueta. É importante lembrar que non debemos coller nada que non nos pertenza, aínda que nos guste moito e non saibamos de quen é. Se collemos algo que non é noso, a persoa que o perdeu pode sentirse triste ou preocupada. O mesmo nos pasaría se perdésemos algo importante para nós.
Se atopas algo no colexio, no parque ou na rúa, o mellor é avisar a unha persoa adulta ou levalo a un lugar onde poidan axudar a buscar ao seu dono ou dona. Se o atopas na rúa e non sabes de quen é, podes deixalo onde estaba. Así, se a persoa que o perdeu volve a buscalo, poderá atopalo facilmente.
É moi importante aprender a respectar as cousas dos demais e ser honestos. Actuar desta maneira axúdanos a sentirnos ben e a que os demais confíen en nós.