Unha aventura sobre xeo no bosque de ‘Bibopalula’
Cando o frío apreta e a poza se conxela, no bosque tamén hai lugar para novas aventuras cheas de diversión.

Ía tanto tantísimo frío no bosque de Bibopalula, que pasou unha cousa que poucas veces pasa. Ao espertar, os nosos amigos descubriron que a auga da poza quedara completamente conxelada.
Robin, Pegui e Merli achegáronse con curiosidade e, despois dun intre de dúbidas, déronse conta de que sobre aquela capa de xeo podían facer algo divertidísimo: esvarar por aquí, esvarar por alá…
Esvarar pode ser divertido, pero tamén pode acabar nun bo golpe, así que Robin decidiu buscar unha forma máis segura de xogar no xeo. Para iso, Carpin púxose mans á obra. Co seu enxeño habitual, construíu uns patíns de madeira que lles permitirían deslizarse polo xeo con máis seguridade.
Queres saber como remata esta aventura invernal?
Non perdades o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal
