Usando a imaxinación con Bibopalula

Bubi e a Banda do Bosque xogan a ver formas nas nubes.

No ceo hai moitos tipos de nubes, pero as favoritas de Bubi son aquelas que semellan algodón e parecen facer figuras no voadoras: os cúmulos.

Mirar para elas é moi divertido: Osos xigantes, dinosauros, parrulos… só precisan a súa imaxinación para ver milleiros de formas, incluso algunha que non coñecen.

Comporán unha canción dedicada ás nubes? Ou quedarán durmidos mirando ao ceo?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.