A árbore que treme

Saberá o Señor Moucho que aconteceu hoxe no bosque?

Hai días tan tranquilos no bosque, tan pacíficos, que parecen o escenario perfecto para que, de súpeto, algo raro e misterioso suceda

Carpin non estaba seguro de se realmente lle gustaban os días tranquilos; nese intre desexaba que sucedese algo divertido. E xusto cando o pensou, pasou. A árbore na que se atopaban el e Merli comezou a tremer!


Será que a árbore ten frío? Ou acaso foi un terremoto? Pero os terremotos non se senten só nunha árbore, senón en todo o bosque. O mellor é preguntar ao Señor Moucho, que sempre ten unha explicación para todo.

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.