A canción que faltabaA Banda do Bosque xa ten feito cancións sobre todo... ou non? Robin repara en que falta unha canción moi especial aínda por facer!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A despedidaAs aves migratorias veñen e van. A Banda do Bosque compón unha canción para que a despedida das súas amigas non sexa tan triste.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Amigos postaisNovo correo chega ao bosque! As postais son fermosos xeitos de escribirlle aos amigos para non perder o contacto aínda que estean lonxe!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A festa da primaveraOs nosos protagonistas afinan a puntería nunha nova actividade deportiva. Quen levará o trofeo do campionato?Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A treboadaDesta volta, a treboada deixou unha pegada visible no bosque; novos escenarios que a Banda nunca tiña visto antes.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A inundaciónAs fortes chuvias provocan unha inundación, polo desbordamento da poza e máis do río. Ante isto, Carpin crea nun novo medio de transporte.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A viaxe da CuruxaA Señora Curuxa volve da viaxe chea de bonitos recordos. A Banda fai moitas preguntas sobre a cidade e escoita con atención a súa aventura.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Aquí hai xigantesA Banda do Bosque aínda ten moito que investigar sobre os muíños que se avistan nas montañas. Que sabes ti sobre eles?Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A covaOs amigos do bosque descobren o poder do eco e, como non podería ser doutro xeito, introducen estas repeticións sonoras nunha nova canción!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O retorno do TitanicTras a actuación no Titanic, a Banda do Bosque é solicitada de novo polo Capitán Pelicano, cunha nova misión musical a bordo!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A eirugaA Banda do Bosque presencia a metamorfose dunha nova compañeira. Un descubrimento ben fermoso, que os deixará abraiados!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O parrulo campiónAs comparacións son odiosas e poden causar desconforto. A Banda do Bosque anima ao seu amigo Parrulo no seu desconsolo.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O moneco de neveCoa neve tamén chega unha nova compañía ao bosque, mais que non tardará en marchar. Sabedes de quen se trata?Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A guitarra de xeoTocar baixo a lúa chea pode ser tan bonito como perigoso; Merli sábeo ben. O duro frío do inverno conxélao todo ao seu paso...Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Festival de invernoChega un dos días máis esperados do ano. Todas as aves participan na decoración do bosque para festexar xuntas o Festival de Inverno.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
BurbullasContra todo prognóstico, a Banda do Bosque atopa un refuxio no frío exterior do inverno. Un sitio quentiño do que xa non van querer saír!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Patinaxe sobre xeoA Banda do Bosque descobre unha nova destreza: o patinaxe sobre xeo. Grazas a Carpin os paxaros profesionalízanse neste novo deporte.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A neveO inverno é frío máis tamén moi divertido! A Banda do Bosque aproveita a chegada da neve para escorregar por ela coa nova creación de Carpin.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Un día aburridoA Banda do Bosque coñece o aburrimento en primeira persoa. Xuntos tratan de combatelo cunha canción nada bonita, que represente o seu fastío.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Vaia comedia!A forma de contar historias pode marcar a diferenza e Pombo consigue facelo con garbo, espertando as gargalladas de todo o bosque!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Cantar falandoA Banda do Bosque descubre un novo estilo musical e anímase a poñelo a proba cunha nova canción. Que xénero musical será? Xa o coñecías?Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O gran festivalCon motivo do Festival de Outono, a Banda do Bosque compón unha fermosa canción acorde a esta estación do ano tan magnificamente coloreada.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Ata pronto!Banda do Bosque despide a Cegoña. Todos fican desexando que volva axiña e poder escoitar as súas historias de viaxe.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O paxaro metálicoA Banda do Bosque comprende o valor de pedir e prestar axuda. E como non podía ser doutro xeito, cada lección vai cunha canción!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O merlo brancoOs merlos brancos existen! Son paxaros albinos, que se caracterizan pola súa cor. A Banda do Bosque ten a oportunidade de coñecer a un deles.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A postalCando sucede unha desgraza, os amigos están para axudar. Todos os problemas teñen solución e entre todos atópase antes!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A eclipseHoxe no bosque pasa algo que semella imposible. Durante unha noite especial, a Banda do Bosque presencia unha eclipse lunar.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O parrulo perdidoCando alguén está en apuros, a misión da Banda do Bosque é axudar! Nesta nova aventura comeza unha nova amizade.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
As nubesMirar os cúmulos con atención e deixar voar a imaxinación é unha das actividades que máis divirte aos nosos protagonistas.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A canción do ventoUn novo integrante chega á Banda do Bosque para complementala cun instrumento de vento. Quédaste a coñecelo?Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Que lle pasa a Carpin?A imprudencia de Carpin xógalle unha mala pasada e acaba por enfermar. Na súa visita ao doutor do bosque, gaña un remedio e unha lección.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A primeira vezÉ o momento de que Cegoña deixe o niño, abra as ás e coñeza todo o que pasa por aí fóra. A Banda do Bosque acompáñaa nesta nova aventura!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O furacánO aventurado Carpin bota a voar no medio dun furacán; xirando e xirando coa forza do vento, convida ao resto da Banda a unirse ao xogo.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A árbore do medoAínda que saibamos que os monstros dos contos non existen... as veces aquelo que un non coñece, pode chegar a dar moito medo!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Bubi, a bubela rebeldeA rebeldía e a curiosidade de Bubi, convértenna na primeira bubela en desfrutar do outono e do inverno no bosque.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
As delicias das silveirasCoas amoras pódense facer marmeladas, tortas, zumes... ou comelas soas até fartar! Están deliciosas de todas as formas!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
As estrelasA chuvia de estrelas é un espectáculo tan fermoso como fugaz. Hai que mirar para o ceo sen pestanexar e non perder o seu rastro!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O papaventosUn novo obxecto non identificado aparece no bosque. A curiosidade move aos nosos amigos na procura de respostas. Que atoparían desta volta?Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O anelA Banda do Bosque aprende unha valiosa lección da man da Señora Curuxa e para non esquecela nunca, cantan sobre ela!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O terremotoComa se dun terremoto se tratase, a Banda avista ao habitante máis forte do bosque; tratando de manter o equilibrio para non caer da árbore!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O TitanicA Banda do Bosque celebra un concerto especial na travesía do Titanic, mais o histórico acontecemento repítese tamén en augas doces.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A néboaO frío e a humidade traen a néboa ao bosque. Nesta nova aventura, na que non se ve nada, prima a prudencia para non mancarse!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A chegada dos birriosExpectación ante a volta dos birrios. O seu rápido e hipnótico voo capta a atención da Banda do Bosque, espertando tamén un pouco de envexa.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
Onde está a miña voz?A afonía de Merli non lle permite falar, o Señor Moucho axúdalle a recuperar a súa voz cun remedio delicioso.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O agasallo da Señora CuruxaChuvia de ideas para dar co mellor agasallo posible! A Banda do Bosque está indecisa, mais... de seguro que haberá música!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O globoUn novo descubrimento no bosque! A Banda do Bosque entretense tratando de adiviñar de que se trata ese estraño obxecto aínda por identificar.Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A carriolaCoa creatividade e a habilidade de Carpin, ningún problema queda sen solución. O resultado? Un novo xoguete para se divertir cos amigos!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O ovo máis grande do mundoOs nosos protagonistas están preparados para recibir a unha nova habitante do bosque, celebran a súa chegada cunha canción de benvida!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O telescopioA través do telescopio o espazo exterior semella un chisco máis próximo e tamén a extensión do bosque adquire unha nova perspectiva!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A pozaCando a calor apreta, o enxeño agudiza. Os nosos protagonistas descobren novas formas de refrescarse e de divertirse!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
A canción das coresO arco da vella é un fenómeno precioso, que contén sete cores. Sabes cales son? Cal é a túa preferida? Para gustos, cores!Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo
O nacemento da bandaMerli ten claro que a mellor maneira de empezar o día é cantando. Por que non rematar a xornada do mesmo xeito?Ver en xabarin.galMáis sobre o capítulo