Coñece a todos os paxaros do bosque!
Os personaxes
Robin
Robin, o paporroibo, é listo e traste. Un pillo con ideas orixinais que entende a vida coa curiosidade propia dos paporroibos. Sempre se atreve, sempre está disposto, sempre ten unha idea nova… Non hai ningún líder na banda de paxaros, pero de habelo, sería Robin.
Merli
Merli é prudente e sensato. Reflexiona antes de actuar e con frecuencia compón unha dualidade con Carpin: a acción fronte a reflexión.
Pegui
Pegui sabe moitas cousas. Está enterada das últimas novidades, é culta e curiosa. Ten a casa máis bonita e ordenada de todo o bosque. Gústalle a organización, a elegancia e o estilo.
Carpin
Carpin é un carpinteiro experto. O seu peteiro e o seu talento convérteno en fabricante de instrumentos musicais e de calquera outra cousa que se poida tallar en madeira. O seu peteiro, capaz de máis de vinte percusións por segundo, convérteo nun batería de primeira.
O señor Moucho
Un moucho sabio e estudoso que non o sabe todo, pero si acerta a responder moitas das preguntas do cuarteto protagonista.
A señora Curuxa
Unha curuxa viaxeira, sofisticada e elegante.
O pombo mensaxeiro
Un pombo que reparte o correo e que trae novas de todo o que acontece máis aló das montañas.
O capitán Pelicano
Un veterano mariño que suca os mares do mundo e tamén o río que atravesa o bosque.
Bubi, a bubela rebelde
Bubi é unha bubela que decide non viaxar cara ao sur coa chegada do outono.