Leva días e días chovendo sen parar no bosque de Bibopalula. A auga cae con tanta forza que, ao amencer, todo aparece completamente transformado: a terra está encharcada, os camiños desapareceron e o que antes era un lugar para correr e xogar semella agora unha enorme poza.
Mentres pensan que facer, aparece unha visita inesperada: o Capitán Pelícano, navegando no seu barco entre as árbores do bosque, na procura do río. Carpin, inspirado pola aparición, e co seu enxeño habitual cando se trata de madeira, constrúe unha pequena balsa. Axiña descobren que incluso nun bosque asolagado se poden vivir novas aventuras.
Co paso dos días a choiva amaina, o sol regresa e todo volve á normalidade. E, mentres observan como a auga desaparece pouco a pouco, os nosos amigos lembran as palabras do Señor Moucho, que estes días soan especialmente certeiras: nunca choveu que non escampara.
Queredes descubrir como remata esta aventura pasada por auga?
Non perdades o novo capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

