A Banda do Bosque atopa a un paxaro moi raro

Os nosos amigos sempre están dispostos a axudar.

Hai néboa no bosque, polo que os protagonistas de Bibopalula teñen que andar con moito ollo para non bater cunha árbore ou non perderse. Carpin, Pegui e Merli deciden ir buscar a Robin ata a súa casa. Xusto cando pensaban que se perdera, aparece algo angustiado: mentres voaba polo bosque, atopou un paxaro e pensa que está perdido.

Os protagonistas de Bibopalula deciden ir axudalo antes de que a néboa empeore. Ao chegar, tentan falar co paxaro, pero non contesta, e ademais é moi raro. Non saben que facer, polo que buscan a axuda da Señora Curuxa.

Que clase de paxaro será? Estará mancado e por iso non contesta?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.