A Banda do Bosque existe! Búscaos polos parques e os campos!

Paporrubios, pegas, merlos e picapaus habitan o bosque, pero tamén son os protagonistas de Bibopalula…

Paporrubios, pegas, merlos e picapaus habitan o bosque, pero tamén son os protagonistas de Bibopalula… Queres coñecelos?

O paporrubio

Robin é un paporrubio, un paxaro que canta desde o alto das árbores, ao que lle gusta comer insectos como mosquitos, formigas ou arañas pequenas e que fai o seu niño preto do chan, nos ocos entre as pedras ou na base de árbores e arbustos. Os paporrubios son moi curiosos e territoriais, polo que non é raro que se acheguen moito á xente, como dicindo: eh, que fas ti por aquí?

A pega

Pegui é unha pega. As pegas son da familia dos corvos e coma todos os paxaros desa familia son moi intelixentes, tanto que son os únicos paxaros do mundo que recoñecen a súa propia imaxe nun espello. Comen de todo, desde miñocas a froita, e son grandes construtoras de niños. As pegas, ademais de paus pequenos e musgo, utilizan tamén lama para facer o niño.

O merlo

Merli é un merlo, un dos paxaros coa voz más forte e bonita dos nosos parques e campos. Cando está de bo humor canta moitas melodías diferentes e se se asusta, avisa cun característico canto de alarma. A hora de comer encántanlle as miñocas e no verán visita moito ás cerdeiras porque as cereixas son a súa segunda comida favorita.

O picapau

Carpin é un picapau, o paxaro carpinteiro que máis rápido pica do mundo. Tarda tres semanas en facer un oco profundo nas árbores para poñer alí os ovos. Nunca utiliza por segunda vez o niño e así ese oco convértese despois en fogar doutros animais, como esquíos ou morcegos. As árbores favoritas dos picapaus son os piñeiros.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.