A Banda do Bosque prepárase para un evento moi especial

Os protagonistas de Bibopalula actuarán no festival máis importante do ano.

No bosque, coa chegada do outono, os paxaros reúnense e organizan un dos eventos máis importantes do ano: O Festival de Outono! 

Os Corvos da Serra, as Gaivotas Riseiras e a Banda do Bosque son algúns dos nomes dos grupos que cantarán no festival. É unha nova moi boa para os protagonistas de Bibopalula, xa que poderán actuar ante milleiros de paxaros. Pero tamén deberán compoñer unha canción e ensaiar para estar a altura do evento!

Poderán actuar con tantos nervios?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.