A eiruga do bosque de Bibopalula prepárase para facer algo incrible

A Banda do Bosque coñece unha pequena eiruga que cambia de pel e de cor, pero o máis sorprendente aínda está por chegar.

No bosque, cada día agocha algo novo. Ás veces son descubrimentos misteriosos, outras veces aventuras inesperadas e, nesta ocasión, a Banda do Bosque vai descubrir un dos cambios máis sorprendentes da natureza.

Todo comeza cando Carpin, Pegui, Merli e Robin comezan a falar coa eiruga, que estaba comendo follas para coller enerxía. Mentres fala con eles, explícalles algo que os deixa fascinados: cada certo tempo cambia de pel… e tamén de cor. Onte era verde, hoxe é distinta, e nin ela mesma sabe como será dentro duns días.

Pegui pensa que iso de mudar a pel soa divertidísimo, pero tamén teñen moitas preguntas. Como será a seguinte? Que cores terá? A eiruga recoñece que non o sabe, pero que xa está un pouco cansada de ter que seguir medrando e comendo follas, ela preferiría facer algo máis divertido, como voar.

O Señor Moucho explícalles entón que as eirugas fan algo moito máis impresionante que cambiar de cor. Pero non lles quere revelar o segredo. Será mellor, di, que o descubran por eles mesmos. A curiosidade da Banda do Bosque non deixa de medrar. Pouco despois, cando os amigos regresan para buscala, a eiruga desapareceu. Marcharía para sempre?

Descobre onde está a eiruga e que é iso tan impresionante que vai facer!
Non perdades esta aventura de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.