A forza do vento trouxo unha sorpresa musical ao Bosque!

Unha noite de vento forte deixa unha sorpresa no bosque… e tamén unha melodía inesperada.

Bibopalula

No bosque de Bibopalula, o vento pode traer moitas cousas. Ás veces move as pólas, outras fai caer follas… e outras, como nesta ocasión, deixa unha historia que comeza cun gran estrondo no medio da noite.

O vento soprou con tanta forza que mesmo fixo rodar unha enorme rocha montaña abaixo. Cando Robin, Pegui, Merli e Carpin se achegan, danse conta de que se escoitan con atención… o vento non fai ruido, fai música!

O Señor Moucho explícalles que cando o vento pasa polo buraco que ten a rocha, funciona como unha frauta. O que para uns pode ser só vento, para outros convértese nunha melodía, e por que non: tamén nunha oportunidade para facer unha nova canción!

Cando o vento volve soprar, a Banda do Bosque reúnese arredor da rocha e comeza a tocar. Entre todos compoñen A canción do vento, unha melodía que cambia cada vez que soa, porque o vento nunca canta igual… pero tampouco canta mal.

Queredes escoitar A canción do vento?
Non perdades este capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.