A neve chega ao bosque

Os nosos amigos da Banda do Bosque tiveron unha idea moi divertida.

Tras unha noite de moito, moito frío no bosque, Robin, Merli, Carpin e Pegui espertan cunha sorpresa moi chula. Todo o bosque estaba cuberto de neve.

Puxéronse contentísimos, nunca viran tanta neve xunta. Tanta emoción fai que Pegui non poida deixar de saltar, o que provoca que unha bóla de neve xigante arrole montaña abaixo. Isto espertou unha grande idea nos nosos amigos.

Queredes saber que se lles ocorreu?

Non perdades o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.