A Señora Cegoña pide axuda á Banda do Bosque

A pequena cegoña ten medo de voar por primeira vez e non quere saír do niño.

Robin, Pegui, Merli e Carpin desfrutan de voar polo aire e de facer moitas figuras diferentes. Pero houbo un día, xa case esquecido, no que eles tamén tiveron que facelo por primeira vez.

Cada quen voa como é: Merli como un merlo, Robin como un paporrubio, Pegui como unha pega e Carpin como un picapau. Pero iso non significa que ninguén voe mellor ca os demais. Xusto cando están a falar sobre isto, encóntranse coa Señora Cegoña moi preocupada. A súa filla ten un problema!

A pequena Cegoña non quere voar porque lle dá moito medo! Conseguirán os protagonistas de Bibopalula que Cegoña poida voar por primeira vez?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.