Abre as ás e pensa en flotar!

Na vida hai moitas primeiras veces. Algunhas dan un pouco de medo porque non sabemos exactamente que vai pasar; e iso é completamente normal.

Todas e todos fixemos ou probamos cousas por primeira vez; aínda máis cando somos pequenos: os primeiros pasos, o primeiro día de cole, aprender a nadar, a primeira vez en bici, probar unha comida diferente, cambiar de casa…

Os amigos da Banda do Bosque recórdanos que o máis importante é lembrar que non estamos sós. Sempre podemos apoiarnos nas persoas que nos queren e coidan; como a familia, o profesorado e as amizades.

Cada vez que conseguimos algo novo, sentímonos máis valentes e felices. As primeiras veces axúdannos a medrar, a descubrir o mundo, a confiar en nós mesmos; por iso son tan especiais. Así que a próxima vez que che toque facer algo por primeira vez e te asustes; respira fondo, e canta:

Nin te lembrarás / de como comezaches a voar /
Abre as ás / e pensa en flotar
Todos fomos pequenos / todos tivemos medo /
Pero escoita: só tes que saltar e estarás /
Voando con mamáaaaaaaaaaaaaaa

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.