Descarga a app de Bibopalula para ver máis xogos coma este!

Aburrirse tamén mola!
Cando nos aburrimos, o cerebro ten tempo para imaxinar cousas novas e divertidas. Aburrirse tamén mola, descubre esta idea para cando teñas un deses días.
Crea o teu bote do aburrimento. Cando se che ocorra algunha idea divertida, escríbea e gárdaa no bote. As ideas poden ser para facer ti só ou para compartir coa túa familia e amizades.
Podes incluír os capítulos de Bibopalula que che gustaría ver, as cancións que che gustaría escoitar, temas da serie sobre os que che gustaría aprender cousas novas. Lembra que sempre é boa idea cantar: así divírtense os amigos da Banda do Bosque nos días aburridos.
Que necesitas:
- Un bote con tapa
- Tarxetas ou anacos de papel pequenos
- Bolígrafo ou rotuladores
- Pegatinas, cintas ou papel de cores, purpurina ou o que prefiras para decorar
Como facelo:
- Decora o bote ao teu gusto.
- Escribe nos papeis ou tarxetas ideas creativas para días aburridos.
- Podes organizar as tarxetas ou papeis por cores. Por exemplo: verde – manualidades; amarelo – para pensar; azul – para relaxarme; vermello – para mover o corpo, etc. Así terás unha pista ao elixir, segundo o que máis che apeteza nese momento.
Agora xa tes ideas creativas para días aburridos!
