Apareceu un merlo… branco?

Merli asegura ter coñecido un merlo igual ca el, pero coas plumas completamente brancas. Robin, Pegui, e Carpin non saben se crerlle, que cousa máis rara!

Bibopalula

No bosque de Bibopalula, hai días nos que suceden cousas tan sorprendentes que parecen imposibles. Iso é exactamente o que lle pasa a Merli cando intenta contarlles aos seus amigos algo que viu xunto á poza: un merlo igual ca el, pero completamente branco.

Pegui, Robin e Carpin non están moi convencidos. Como vai existir un merlo branco se todos os merlos teñen as plumas negras? Por moito que Merli insiste en que é verdade, os seus amigos pensan que pode estar confundido, ou incluso que todo foi un soño.

Merli está tan seguro do que viu, que decide marchar a buscar ao misterioso paxaro para demostrar que non está inventando nada. Entón, o merlo branco aparece por fin diante de todos!

A Banda do Bosque descobre entón que, ás veces, as cousas non son exactamente como imaxinamos. O novo amigo explícalles que non sempre é doado ser diferente, e xuntos visitan ao Señor Moucho para descubrir por que as súas plumas son distintas ás de Merli.

Queredes coñecer ao misterioso merlo branco e descubrir a canción que compón xunto á Banda do Bosque?
Non perdades esta aventura no capítulo O merlo branco de Bibopalula no Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.