Aprendendo coas cores e con Bibopalula

A Banda do Bosque debate cal é a cor máis fermosa do arco da vella e aprende unha valiosa lección sobre a amizade.

Cando chove e sae o sol pode aparecer o arco da vella, que para moitos é a cousa máis bonita do mundo. Pero nesta ocasión, algo tan fermoso provoca un pequeno conflito entre os paxaros da Banda do Bosque.

Todo comeza cando Merli, Pegui e Carpin discuten sobre cal é a cor máis bonita do arco da vella. Merli defende o laranxa, Pegui prefire o azul, e Carpin escolle o verde. 

Robin, moi preocupado polos seus compañeiros, decide buscar a axuda do Señor Moucho. Non poden perder a súa amizade!

Poderán Robin e O Señor Moucho reconcilar aos paxaros da Banda do Bosque? 

Non perdas este capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal e aprende con eles o valor da amizade e o respecto polas diferenzas.

Bibopalula

A canción das cores

Cando chove e sae o sol, no bosque aparece algo máxico: o arco da vella. Os nosos amigos elixen cal é a súa cor favorita, un asunto sobre o que non é doado estar de acordo.