De súpeto, Robin aparece correndo moi apurado… acaba de descubrir algo moi estrano!
Viu algo rarísimo no alto do monte. Algo enorme, branco e moi, moi alto. Cando a Banda do Bosque se achega para velo mellor, quedan abraiados. Serán árbores? Carpin non o ten claro, nunca vira madeira branca!
Para resolver a dúbida, deciden preguntarlle ao Capitán Pelícano, que sabe moitísimas cousas. El explícalles que existen árbores de madeira branca, como os bidueiros… pero o que describen os seus amigos parécelle outra cousa moi distinta: xigantes! E ademais, advirte que poden ser perigosos.
A Banda do Bosque queda preocupada e con máis preguntas ca respostas. Así que van na procura do Señor Moucho, que escoita con atención e por fin é quen de darlles unha explicación moi diferente: non son xigantes, senón uns artefactos moi grandes construídos polos que non voan… os muíños!
E aínda que non teñen todas as respostas, todos coinciden nunha cousa: ás veces, cando algo é descoñecido, o mellor é observar con calma e non achegarse demasiado.
Queredes descubrir como remata esta historia?
Non perdades o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

