Ata pronto

Reencontrarnos con amigos e familia ou coñecer novas amizades é moi divertido. Ás veces o complicado é dicir “ata pronto”

O verán trae moitas cousas boas: praia, froitas, paseos, viaxes, reencontros con persoas importantes que non ves durante o curso. É moi bonito volver abrazalas e facer plans con elas.

Os meses de verán son momentos de descanso, sorpresas, novas emocións e experiencias. Xa sexa no parque, na praia ou en campamentos: podes facer novas amizades con quen compartir xogos e aventuras.

Ás veces, ao final do verán, chegan as despedidas. Dicer “ata pronto” pode ser difícil. Aos amigos da Banda do Bosque lles custa despedirse de Cegoña, que marcha a pasar o inverno en África cada ano.

É normal sentir un pouco de tristeza ou morriña porque non vas ver tan seguido esas persoas que queres. Pero non te preocupes porque hoxe en día podes manter o contacto de formas moi creativas: Por exemplo: escribir cartas, enviar postais e mensaxes ou facer videollamadas. Tamén podes preparar sorpresas para despedirte, como cancións ou fotografías para lembrar os momentos xuntos. Así, aínda que esteas lonxe, o cariño e a amizade mantéñense sempre preto.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.