‘Bibopalula · O Espectáculo‘ estivo presente no Culturgal o pasado 30 de novembro para presentar a primeira parada da súa xira de inverno, levando ao principal encontro das culturas galegas un espectáculo cheo de música, fantasía, natureza e moita diversión. Pensado para nenas e nenos de 2 a 6 anos, o espectáculo reuniu ás familias arredor dunha experiencia que combinou moitas risas e bailes ao son de doce cancións orixinais xa coñecidas polo público.
Da man de Ava e da Banda do Bosque, Robin, Merli, Pegui e Carpin, as pequenas e pequenos espectadores descubriron, ao longo da aventura, a importancia de observar o bosque con curiosidade. Esta actuación marcou o comezo dunha nova xira por diferentes cidades galegas.





