Bibopalula celebra a chegada dos Reis cunha carroza na cabalgata da Coruña
A campaña de promoción de Bibopalula chegou na víspera de Reis á Coruña.

A campaña de promoción de Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego, chegou na víspera de Reis á Coruña. Robin, acompañado de doce nenas e nenos, percorreron as rúas da cidade a bordo do Titanic, o barco que tan ben coñecen as pequenas e pequenos seguidores da Banda do Bosque.
