Descarga a app de Bibopalula para ver máis xogos coma este!

Canta ao ritmo da Banda do Bosque!
Abre ben as orellas para descubrir de que canción de Bibopalula se trata.
Canto coñeces as cancións de Bibopalula? Escoita con atención estes instrumentais para descubrir que canción soa:
Pista: Fala dunha das actividades favoritas dos amigos da Banda do Bosque cando apreta a calor do verán.
Resposta
Canción “A poza”
Pista: Fala dun obxecto que usan os que non voan para divertirse co vento, ten máis de cen cores.
Resposta
Canción “O papaventos”
Pista: Fala dun dos personaxes de Bibopalula, o que ten o peteiro máis rápido do bosque e por iso puido axudar a Merli a salvar a súa guitarra.
Resposta
Canción “A guitarra de xeo”
Pista: Conta o que ocorre cando lle falas a este elemento que ás veces atopamos no bosque: repíteche o que dis, sen importar se son palabras curtas ou longas.
Resposta
Canción “A cova”
Pista: Fala dun dos obxectos favoritos do señor Moucho, úsao para ver de preto as cousas que están lonxe.
Resposta
Canción “O Telescopio”
Pista: Conta o que sucede no bosque cando un animal moi grande e peludo rasca o lombo contra un tronco.
Resposta
Canción “O Terremoto”
