Canta calor vai! A Banda do Bosque busca a maneira de refrescarse nunha nova aventura

A calor aperta no bosque e Pegui, Carpin, Merli e Robin buscan un lugar onde refrescarse. O que non esperan é descubrir unha maneira completamente nova de divertirse na auga.

Bibopalula

No bosque de Bibopalula, ata os días máis calorosos poden converterse nunha aventura inesquecible. O sol aperta tanto últimamente que nin a Banda do Bosque ten ganas de cantar, correr ou xogar. Carpin di que xa nin sente as plumas, e Pegui recoñece que lle gustaría ir buscar algo de picar ao prado… pero con tanta calor non se atreve nin a moverse.

Entón Robin lembra algo importante: ao comezo do río hai unha poza onde a auga sempre está fresquiña. Aínda que queda un pouco lonxe, os catro amigos deciden emprender o camiño pouco a pouco, avanzando de sombra en sombra e descansando baixo as árbores.

Despois dun gran esforzo, por fin chegan á poza. E claro, non tardan nin un segundo en querer meterse na auga! Pero cando Carpin se lanza correndo, descobre unha folla enorme flotando na superficie. Sen pensalo dúas veces, sobe enriba dela… e comeza a deslizarse pola auga coma un auténtico surfeiro.

A Banda do Bosque queda fascinada. Merli, Pegui e Robin queren probalo inmediatamente, e moi pronto os catro están intentando manter o equilibrio enriba das follas mentres a auga os fai tambalearse dun lado para outro. Ao principio custa un pouco, pero cada un acaba atopando a súa maneira de moverse sobre a auga.

Entre risas, chapuzóns e moita diversión, os amigos descobren un novo xogo de verán: o surf de poza!

É que ás veces, as mellores ideas aparecen de maneira inesperada!
Non perdades esta refrescante aventura no capítulo A poza de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.