Carpin e Merli coñecen un lugar quentiño

Os protagonistas de Bibopalula teñen que pensar novas ideas para non pasar tanto frío.

O que máis apetece no inverno é pasar os días de frío na casa, como os osos. Pero iso non é nada divertido.

Parece ser que Carpin e Merli saben dun sitio quentiño no medio dun bosque nevado. Pegui e Robin non teñen moita confianza nesta ocorrencia dos seus amigos, pero séguenos ata unha poza.

Como vai ser unha charca rodeada de neve un sitio quentiño? Deberon tolear. Ou talvez sexa certo e non se trata dunha poza…

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.