Carpin lánzase á auga sen pensalo e acontécelle unha cousa moi rara

Vai un día moi caluroso no bosque, polo que os protagonistas de Bibopalula van xogar á poza.

No bosque vai tanta, pero tanta calor, que nin os paxaros da Banda do Bosque teñen ganas de cantar. Todos buscan a sombra para descansar e soñar con algo refrescante.

Gustaríalles ir á praia, pero o camiño é demasiado longo para atreverse con esa aventura. É entón cando Robin ten unha idea xenial: ir á poza que hai ao principio do río. Está algo lonxe, pero poden chegar voando de árbore en árbore e de sombra en sombra.

Cando chegan, Carpin, emocionado por ver a auga, lánzase sen pensalo

Que lle pasará a Carpin? Dará un croque cunha pedra? O morderá unha ra? 

Non perdas outro capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.