Carpin, o carpinteiro máis impresionante do bosque

Co seu peteiro supersónico e o seu talento para a madeira, Carpin é quen de construír instrumentos, columpios e case calquera cousa que se lle pase pola cabeza. No bosque sempre hai algo que fabricar… ou que probar!

No bosque de Bibopalula sempre hai algún son que chama a atención: toc, toc, toc, toc…

Se escoitades con atención, seguramente atoparedes a Carpin, o picapau da Banda do Bosque. Co seu peteiro e o seu talento para a madeira, é capaz de construír case calquera cousa: instrumentos musicais, pequenos inventos ou mesmo columpios para xogar entre as pólas.

E o mellor de todo é que nunca lle faltan materiais. Como di el mesmo, ‘Vivimos no bosque, así que outra cousa non… pero pólas temos abondo!’

Carpin é curioso, creativo e sempre está probando ideas novas. Un día pode estar fabrican

do algo co seu peteiro supersónico e ao seguinte probar sorte co surfing na poza ou improvisando unha nova aventura. Iso si, ás veces as súas ideas deixano un pouco canso… tanto que remata sin sentir as plumas!

Un picapau moi especial

Estes paxaros, son uns dos máis sorprendentes do bosque. O seu peteiro funciona como unha ferramenta perfecta para traballar na madeira, e poden chegar a dar máis de vinte golpes por segundo sen facerse dano.

Para conseguilo, a natureza deulles algunhas habilidades moi curiosas:

  • Teñen un cranio reforzado, que actúa como un casco natural para amortecer os golpes.
  • As súas patas teñen dous dedos cara adiante e dous cara atrás, o que lles permite trepar polos troncos con moita facilidade.
  • Tardan tres semanas en facer un oco profundo nas árbores para poñer alí os ovos. Nunca utiliza por segunda vez o niño e así ese oco convértese despois en fogar doutros animais.
  • E cando petan na madeira, ás veces non o fan só para buscar comida: tamén é unha forma de comunicarse con outros paxaros, coma se estivesen tocando un pequeno tambor.

A verdade é que os picapaus son auténticos enxeñeiros da natureza.

As árbores favoritas dos picapaus adoitan ser os piñeiros, así que se algunha vez escoitades un toc toc toc entre as árbores… pode que sexa Carpin, pensando na súa próxima gran idea.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.