Carpin propón unha aventura aterradora

Contan os paxaros que nunha árbore do bosque hai un monstro. Os protagonistas de Bibopalula deciden investigalo.

Despois de varios días de tormenta sobre o bosque, cheos de tronos, lóstregos, e moita chuvia, queda un día perfecto para contar historias de medo. Pegui, un pouco nerviosa, conta unha historia sobre un monstro que vive nunha árbore, unha historia que, segundo ela, lle contou un corvo que ten un amigo, que ten outro amigo, que viu ao monstro.

Carpin, que ten algo de gusto polo medo, propón unha aventura: quere que todos o acompañen ata a árbore do medo esa mesma noite. Ao principio todos están dubidosos, pero Carpin consegue convencerlos.

Chegados á árbore, despois dun anaco de calma, os protagonistas de Bibopalula levan un gran susto. Pero non están seguros de que exista un verdadeiro monstro, polo que deciden regresar ao día seguinte para aclaralo.

Haberá realmente un monstro na árbore do medo? Estarán os protagonistas de Bibopalula en perigo?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Bibopalula

A árbore do medo

Cóntase que no bosque hai un monstro escondido, pero os nosos amigos da Banda do Bosque non teñen medo. Se cadra é todo unha broma…