Cegoña marcha para África coa súa familia

Os protagonistas de Bibopalula teñen moitas dúbidas sobre esta longa viaxe.

Carpin está algo triste, pero pásalle sempre que marcha algún amigo. Nesta ocasión é Cegoña a que viaxará cara a África coa súa familia. Pero non hai que preocuparse, as cegoñas volven sempre ao lugar no que naceron, e ela naceu aquí!

Toda esta aventura levanta un milleiro de cuestións entre os protagonistas de Bibopalula: Terá medo de viaxar ata tan lonxe? Como é un deserto? Que se sente ao cruzar o mar? Pero de todas as dúbidas que teñen hai unha que non poden entender: Como saben por onde van?

Terán que acudir ao Señor Moucho para descubrilo

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.