Chega a gran estrea do espectáculo de Bibopalula!

A Coruña e Santiago acollen esta fin de semana as primeiras funcións do primeiro musical infantil en galego, protagonizado por Lidia Veiga e dirixido por Marta Lado.

Nunca unha proposta teatral infantil xerara tanta expectación… E chegou o momento! O Teatro Colón da Coruña e o Auditorio ABANCA de Santiago acollen este sábado e domingo os primeiros dous pases do gran espectáculo de Bibopalula, a serie de debuxos máis vista de Xabarin.gal desde o pasado mes de novembro.

Robin, Carpin, Merli e Pegui prepáranse para coñecer ao seu público en dúas tardes cheas de sorpresas: moitas cancións, bailes, ou agasallos ao remate das representacións para todo o público infantil asistente. Non faltarán tampouco á cita outros personaxes ben coñecidos polo público da Banda do Bosque, como Pombo ou o Señor Moucho.

As últimas entradas para as dúas primeiras funcións da xira están aínda á venda, e é posible mercar tamén as das outras seis localidades polas que pasará o espectáculo todas as fines de semana do mes de xuño.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.