Chegan as noites de verán, non te esquezas de mirar ao ceo que non é nada feo!


Co verán e a calorciña, o ceo está cada vez máis despexado: tempo perfecto para observar as estrelas.

Aproveitando que chegaron as vacacións, é un bo momento para saltarse algún día a hora de durmir e observar as estrelas. Asegúrate de atopar unha zona con pouca contaminación lumínica: lonxe das cidades e das vilas. Os amigos da Banda aproveitan as noites escuras no Bosque. Se a lúa está en fase de lúa nova o cuarto creciente,  mellor.

Busca constelacións coñecidas como a Osa Maior ou o famoso Triángulo de Verán. Non fai falta telescopio, abonda con que o ceo estea despexado. Iso si, non esquezas levar un caderno e un lapis para anotar os descubrimentos.

E recorda mirar ao ceo durante as primeiras semanas de agosto, igual atopas algunha sorpresa. As Perseidas son unha das choivas de meteoros máis espectaculares e populares do ano. Semellan estrelas fugaces pero en realidade son restos dun cometa chamado Swift-Tuttle que se desintegran na atmosfera a máis de 50 km por segundo e xeran moita luz; por iso poden verse dende a Terra.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.