Despois dunha fin de semana chea de emocións na gala dos Premios Mestre Mateo, a Banda do Bosque está de moi bo humor. Robin, Pegui, Merli e Carpin están de acordo en que foi unha experiencia emocionantísima que contaxiou a alegría por todo o bosque.
Hai moitos motivos para estar contentos e contentas… chegou a primavera! Os días son máis longos, o sol quenta as tardes, as flores comezan a abrirse, e a enerxía parece estar en todas partes. Os paxariños están tan felices que non poden deixar de xogar, cantar e explorar cada recuncho do bosque.
No episodio da Festa da Primavera, a Banda do Bosque celebra con música, risas e un gran torneo de Pexegocesto a chegada desta estación tan divertida, lembrando que a alegría tamén se comparte e que a natureza está para gozar e descubrir cada día.
Queredes descubrir como comeza a primavera no bosque?
Non perdades o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

