Os amigos da Banda do Bosque coñeceron a unha pequena amiga que comía sen parar e cambiaba de cor todo o tempo. Descubre a gran sorpresa que se levaron!
De eiruga a bolboreta: a maxia da natureza!

A transformación dunha eiruga en bolboreta é un dos cambios máis asombrosos da natureza. Este proceso chámase metamorfose e ocorre en catro etapas:
- Todo comeza cando unha bolboreta pon uns ovos pequeniños nunha folla. Dela, despois duns días, sae unha pequena eiruga.
- A eiruga é como un verme que pasa o día comendo follas e medrando moi rápido. Para poder medrar, a eiruga cambia de pel varias veces, porque a súa pel non é elástica como a nosa.
- Cando a eiruga xa é grande, busca un lugar seguro e envólvese nunha especie de “caparazón” chamado crisálida. Alí dentro, ocorre a verdadeira maxia: a eiruga transfórmase pouco a pouco en bolboreta.
- Finalmente, a bolboreta sae da crisálida. Ao principio, as súas ás están molladas e brandas, pero despois dun rato sécanse e ¡xa pode voar!
Algúns datos curiosos:
- As eirugas poden medrar ata ser máis de 100 veces máis grandes do que eran cando naceron.
- As bolboretas “proban” as cousas coas súas patas, non coa boca.
- As bolboretas axudan ás plantas a ter froitos e sementes porque levan pole de flor en flor.
- Se ves moitas bolboretas nun lugar, iso significa que o ambiente está limpo e saudable.
¡A próxima vez que vexas unha bolboreta, lembra que antes foi unha pequena eiruga famenta que viviu unha gran aventura para voar!