Descarga a app de Bibopalula para ver máis xogos coma este!

Descubre o personaxe
Carpin, Pegui, Robin e Merli non son os únicos paxaros de Bibopalula. Teñen moitos amigos, coñécelos ben?
Os amigos da Banda do Bosque falan sobre outros personaxes de Bibopalula que os acompañan nas súas aventuras. Escoita con atención e adiviña de que personaxe se trata en cada caso:
Pista: As plumas da súa cabeza parecen un gran peiteado de picos moi divertido.
Resposta
Bubi
Pista: Encántalle viaxar, é sofisticada e elegante. Parécese ao Sr. Moucho pero non son parentes, só bos amigos.
Resposta
Curuxa
Pista: Gústalle facer chistes, a Carpin fánlle moita graza. Ás veces é un pouco despistado pero sempre trae boas novas.
Resposta
Pombo
Pista: As súas plumas son de cor branca. Ten un pico longo e fino que usa para buscar comida nas charcas e nos campos.
Resposta
Cegoña
Pista: É o Capitán do Titanic, sabe moito de mares e historias de terras afastadas.
Resposta
Pelícano
