Nunha noite de frío friísimo, algo máxico aconteceu mentres todos durmían.
Cando Merli, Pegui, Carpin e Robin abriron os ollos pola mañá, quedaron coa boca aberta: estaba todo branco! As ramas, as follas, os camiños… ata os niños das árbores parecían de azucre conxelado!
Os nosos amigos nunca viran o bosque así, así que saíron correndo para investigar esta gran sorpresa. E que sorpresa tan divertida!
Descubriron que cando todo está cuberto de neve é posible xogar a mil cousas: facer unha batalla de bólas, deslizarse na zorra, construír un moneco enorme… ou simplemente deixar pegadas novas no chan.
Iso si… sempre ben abrigadiños!
Queredes saber como remata esta aventura nevada?
Non perdades o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

