Festa, neve e cancións no bosque!

O inverno chegou ao Bosque… e os nosos compañeiros prepáranse para celebrar algo moi especial!

No bosque de Bibopalula xa se nota que chegou o inverno. Os días son máis curtiños, vai frío… e a neve cubriu todo cun manto branco e brillante. Pero lonxe de quedar quietos, os nosos amigos da Banda do Bosque teñen un plan moi especial: celebrar o Festival de Inverno!

Merli, Pegui, Robin e Carpin comezan cos preparativos cheos de ilusión e todos os paxariños do bosque -mesmo a compañeira Bubi- colaboran para encher de cor, luces e alegría cada recuncho. Entre risas decoracións e traballo en equipo, o bosque queda máis bonito ca nunca.

E como non podía ser doutro xeito, a celebración remata con música! A Banda estrea a súa canción especial para o Festival de Inverno. Aproveitarán para tocar tamén a súa panxoliña?

Queredes saber como remata esta aventura invernal?

Non perdades o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

 

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.