Leva contigo un anaco do universo ‘Bibopalula’

Os produtos oficiais de Bibopalula xa están dispoñibles a través da aplicación, da web e tamén acompañarán á Banda do Bosque durante a xira!

Co regreso de Bibopalula · O Espectáculo aos teatros este inverno, o universo da Banda do Bosque continúa a medrar máis alá da pantalla e incluso do escenario. Pequenos agasallos acompañan esta nova etapa, pensados para prolongar no tempo as historias, as cancións e as emocións que nacen no teatro.

A colección de merchandising de Bibopalula pode atoparse tanto nos seus espazos dixitais (a través da aplicación oficial, dispoñible para Android e iOS, e da páxina web) como nos propios teatros e auditorios que acollerán as funcións da xira, onde haberá un stand. Unha maneira de que a cativada leve consigo un recordo do espectáculo e de seguir conectando co bosque unha vez baixa o pano.

Todo está pensado para compartir, xogar e lembrar a experiencia vivida no teatro. Entre os produtos dispoñibles atópanse propostas para diferentes idades e gustos.

Por unha banda, o conto A banda do bosque, unha porta de entrada ao universo Bibopalula para ler en familia e revivir a primeira historia de Carpin, Robin, Pegui e Merli.

No apartado téxtil, a colección inclúe varios suadoiros inspirados na Banda do Bosque: o de Merli, o de Carpin e o de Robin, ademais dun suadoiro amarelo cheo de enerxía e identidade Bibopalula. Pezas cómodas e alegres, pensadas para acompañar as pequenas e pequenos espectadores no seu día a día. A colección complétase cunha gorra perfecta para as aventuras ao aire libre.

As persoas que asistan ás funcións de Vilagarcía (20 de decembro), A Coruña (28 de decembro) e Vigo (2 de xaneiro) poderán atopar estes produtos nos stands habilitados nos respectivos recintos. Unha maneira de facer que a maxia do bosque continúe presente na casa, no cole ou nas saídas en familia.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.