Merli atopa algo moi curioso

No bosque cada día é único, e sempre hai algo novo por descubrir.

Hoxe a Banda do Bosque enfróntase a un misterio inesperado

Merli chega cunha noticia especial: atopou algo rarísimo. Parece unha mazá, pero é xigantesca. E ademais os carballos non dan mazás, así que non pode ser… Intrigados, deciden ir todos xuntos ata a árbore para velo cos seus propios ollos.

O obxecto é estraño pero fermoso. Carpin, que é un larpeiro, suxire que pode ser algo de comer, pero os seus amigos pídenlle que non o probe. É algo tan curioso que deciden buscar a axuda do Señor Moucho, que sempre está disposto a resolver os enigmas do bosque.

Que será ese obxecto? Poderá comelo Carpin?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.