Merli está acatarrado e perdeu a súa voz

Pegui pensa que Merli a está ignorando e enfádase con el.

O bosque está a sufrir unha vaga de calor, e os paxaros buscan maneiras de pasar o tempo. Pegui, descansando nunha póla, toca a súa guitarra e compón unha nova canción. Con curiosidade, intenta saber a opinión de Merli, pero este non contesta, tan só dá pequenos saltiños.

Despois de varios intentos para obter unha resposta, Pegui enfádase e marcha enfurruñada. Xusto entón, Robin e Carpin chegan e explícanlle a Merli que perdeu a voz por bañarse na auga moi fría a noite anterior.

Poderá volver cantar Merli? Recuperará a súa amizade con Pegui?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.