No Salón do Libro de Pontevedra

O XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abriu este venres as súas portas. Por diante, tres intensas semanas de programación centradas na literatura, pero na que tamén haberá tempo para o cine e distintas actividades lúdicas dirixidas ás máis pequenas e pequenos.

Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego, producida por Undodez e a Televisión de Galicia, estará presente durante toda a duración do Salón cun stand na zona de exposicións, pola que este sábado pasaron centos de nenos e nenas que tiveron ocasión de saudar a Robin, o paporrubio da Banda do Bosque, e tamén a Laura Mahía, creadora da serie.

As familias abarrotaron o espazo no que nunha gran pantalla non deixaron de poder verse os capítulos de Bibopalula, ao tempo que a cativada coloreaba láminas dos distintos escenarios do bosque. Moitas das pequenas e pequenos que se achegaron recibiron ademais a frauta de Robin, que puxo a banda sonora a todo o espazo do Pazo da Cultura.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.